Ver versión en liña

Novas xornadas do Ciclo Europa

Nas vindeiras semanas celebraremos dúas novas xornadas enmarcadas no Ciclo Europa, centradas no programa de financiamento da I+D+i da Comisión Europea, Horizonte Europa. As xornadas abordarán as novidades legais e financeiras das convocatorias do programa Horizonte Europa e as convocatorias relacionadas coa alimentación, a bioeconomía, os recursos naturais, a agricultura, o medioambiente e o clima.

Xornada sobre aspectos legais e financeiros de Horizonte Europa
Cando: 24 de xaneiro ás 10 horas
Onde: Sede da Axencia Galega de Innovación e online
En que consiste: Taller práctico sobre as novidades nas reglas de participación en Horizonte Europa. A xornada, que contará coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto para temas legais e financeiros de FECYT e CDTI, estruturarase en dúas partes:
A primeira parte, estará dedicada ás metodoloxías de cálculo de custos, as novidades en terceiras partes e novas formas de financiamento como o modelo Lump Sum.
A segunda parte consistirá en reunións individuais dos participantes que o desexen cos Puntos Nacionais de Contacto en base a consultas enviadas previamente.
Onde podo consultar o programa e inscribirme: Na seguinte ligazón
Xornada de presentación das convocatorias de Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura, Medioambiente e Clima
Cando: 3 de febreiro ás 10 horas
Onde: Sede da Axencia Galega de Innovación e online
En que consiste: Xornada de presentación das convocatorias de Horizonte Europa centradas en Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura, Medioambiente e Clima que dispoñen dun orzamento de máis de 2.000 millóns de euros no periodo 2023-2024. Contaremos coa participación do Punto Nacional de Contacto de CDTI para o Clúster 6 de Horizonte Europa, coa directora de innovación e programas europeos de FEUGA e cunha peme galega, 3edata, con experiencia na participación en Horizonte Europa.
No evento presentaranse as convocatorias para o periodo 2023-2024, así como as claves na preparación de propostas e as novidades; achegaranse resultados da participación galega neste clúster e, por último, aqueles que o soliciten poderán manter reunións individuais co Punto Nacional de Contacto para resolver dúbidas.
Onde podo consultar o programa e inscribirme: Na seguinte ligazón
Financiamento en cascada para pemes
O proxecto europeo BIOMAT, no que participa o Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), acaba de lanzar a súa primeira convocatoria dirixida a empresas da industria do poliuretano dos sectores da construción, edificación, automoción, mobiliario e acolchados para apoiar a transferencia de tecnoloxía e o desenvolvemento de innovacións en escumas de biopoliuretano. Haberá dúas convocatorias de axudas: a actual, entre xaneiro e marzo, e unha segunda, entre maio e xullo. Pódese obter máis información na web do proxecto www.biomat-testbed.eu e contactando co ITG mediante o correo agua@itg.es.

Pola súa banda, o proxecto SURE5.0, no que participan AIMEN e CEAGA, vén de anunciar o lanzamento de axudas de ata 50.000€ para pemes interesadas en impulsar a súa propia transformación dixital. Trátase da primeira dunha serie de convocatorias que poñerán á disposición das empresas un total de 2,6M€. O prazo para solicitar as axudas permanecerá aberto ata o vindeiro 1 de marzo e os proxectos deben centrarse na mobilidade (transporte e automoción), sector aerospacial, defensa e a electrónica. Ao utilizar a convocatoria o mecanismo de “financiamento en cascada”, o proceso de presentación de propostas segue un modelo simplificado orientado a facilitar a participación de calquera empresa, por moi pequena que sexa. Máis información través da web https://sureproject.eu/ ou ben contactando directamente con CEAGA e AIMEN (help@sureproject.eu).

Novas

Ver todas

17 de Xaneiro de 2023

A Xunta subliña que a unidade mixta da EDAR de Bens posiciona Galicia como un referente en proxectos que combinan a xestión de residuos coas renovables

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Unidade Mixta de gas renovable, na que colaboran Naturgy, EnergyLab e a EDAR de Bens, co apoio da Xunta, posiciona Galicia como un referente en proxectos que combinan a xestión de residuos co desenvolvemento de enerxías renovables.
Ler máis

17 de Xaneiro de 2023

Abre o prazo para participar na segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes Galicia Avanza

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación —a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)— e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) convocan a segunda edición de Galicia Avanza, un programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas no que poderán participar ata 30 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica.
Ler máis

15 de Xaneiro de 2023

A Xunta participa en tres novos proxectos a nivel europeo en materia de innovación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, participará en tres novos proxectos europeos de colaboración en innovación financiados pola Comisión Europea que mobilizarán máis de 1,1 M€ na Comunidade e permitirán impulsar a dixitalización da industria galega, en especial das pemes, e aumentar o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia no tecido produtivo, así como impulsar novas liñas de traballo e proxectos de innovación en colaboración internacional.
Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.