Ver versión en liña

Dúas xornadas clave para o Polo Aeroespacial de Galicia

Os próximos días 9 e 13-14 de febreiro, a Civil UAVs Initiative protagonizará dúas citas de interese para o sector aeroespacial en Galicia. O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro de Rei, Lugo, acollerá unha xornada de presentación do Programa Tecnolóxico Aeronáutico (PTA) e un evento monográfico sobre o Polo Aeroespacial de Galicia coincidindo co V Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial (CIAG) do Consorcio Aeronáutico Galego.

XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA TECNOLÓXICO AERONÁUTICO CO CDTI
Cando: 9 de febreiro
Onde: Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Sala María Gargolla)
En que consiste: O Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI) presentará o Programa Tecnolóxico Aeronáutico (PTA), nunha xornada na que daremos a coñecer 3 casos de éxito de axentes beneficiarios deste programa (Delta Vigo, Televés e Aeromedia).
Esta cita ofrecerá tamén un espazo B2B, en formato de reunións rápidas, entre as empresas e os centros de coñecemento do Polo Aeroespacial de Galicia, e co propio CDTI.
XORNADA MONOGRÁFICA SOBRE O POLO AEROESPACIAL DE GALICIA
Cando: 13 e 14 de febreiro
Onde: Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Hangar)
En que consiste: A Xunta de Galicia e o Consorcio Aeronáutico Gallego organizan conxuntamente unha XORNADA MONOGRÁFICA SOBRE O POLO AEROESPACIAL DE GALICIA (13 de febreiro) e o V CONGRESO INTERNACIONAL AERONÁUTICO Y AEROESPACIAL (CIAG) (14 de febreiro).
O Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, será o encargado de inaugurar a xornada do día 13 na que se presentarán os programas de I+D+i de Airbus, Babcock e Telespazio, da man das propias compañías e os seus consorcios.
Pola tarde, será o turno para a presentación das novas solucións mediante UAVs para os servizos públicos da Xunta, e como colofón a Business Factory Aero (BFAero), dará a coñecer os proxectos de Aguia, Beagle e Fuvex.
Pola súa parte, o día 14 de febreiro, no marco do V CIAG participarán os principais representantes da industria aeroespacial e aeronáutica, organizacións a nivel mundial e entidades gubernamentais. Tamén se presentarán os diferentes estudos realizados polo Observatorio da Industria Aeroespacial, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co CAG.
Inscrición Programa

Novas

Ver todas

01 de Febreiro de 2023

A Xunta colabora con Viaqua e Cetaqua na posta en marcha dun centro de investigación para obter auga reutilizable e producir hidróxeno verde e biometano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na presentación do centro de investigación de Cetaqua e Viaqua, co que a Xunta de Galicia colabora no obxectivo de obter auga reutilizable e producir hidróxeno verde e biometano.
Ler máis

Eventos

Ver todos
03
Febreiro
Convocatorias do Cluster 6 Horizonte Europa: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente e Cluster 5: Clima

08
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e á innovación 2023 na CEO

15
Febreiro
Galicia Avanza. Programa de aceleración para a internacionalización das pemes

15
Febreiro
Xornada de presentación das Convocatorias do Clúster 4 de Horizonte Europa: Industria e Espazo

17
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e á innovación 2023 na CEP

22
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e innovación 2023 na CEL

28
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e innovación 2023 na CEC

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.