Ver versión en liña

Mapa de apoios da Xunta de Galicia á investigación e innovación

A Xunta de Galicia acaba de publicar por primeira vez un mapa conxunto dos instrumentos de apoio á I+D+i das distintas consellerías co obxectivo de facilitar o acceso á información aos axentes do sistema galego de innovación, especialmente ás pemes, ofrecendo unha visión completa das axudas. Por outra banda, hoxe publicouse no DOG unha nova convocatoria de Bonos de Innovación, dotada con 750.000 euros, para apoiar ás empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia de negocio, mediante a contratación de servizos externos.

Mapa conxunto dos apoios da Xunta á I+D+i
Por primeira vez, a Xunta de Galicia conta cun documento que recolle todos os seus apoios á investigación e á innovación.
En total, o mapa inclúe 38 instrumentos de apoio de seis consellerías a través dos que se prevé mobilizar en 2023 preto de 400 millóns de euros. Os apoios recollidos neste mapa, estruturados en base aos programas da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, cobren todas as etapas e axentes da I+D+i:
  • Emprendemento e a innovación empresarial
  • Colaboración entre axentes e comercialización de produtos e servizos innovadores
  • Contratación de persoal para realizar tarefas de I+D+i
  • Fortalecemento dos centros tecnolóxicos e de coñecemento
  • Proxección exterior e internacionalización das capacidades de innovación galegas
Consulta o mapa nesta ligazón
Xornadas de presentación do mapa de apoios:

Coa colaboración das Confederacións Empresariais de cada provincia, contaremos o mapa de axudas conxunto e escoitaremos as experiencias de empresas que foron beneficiarias destes apoios nos últimos anos.
  • 17 de febreiro en Vigo
  • 22 de febreiro en Lugo
  • 28 de febreiro na Coruña
Xornadas sectoriais:
Tamén celebraremos encontros con sectores esepecíficos nas seguintes datas:
- 2 de marzo: A innovación social como panca do benestar da sociedade galega
- 8 de marzo: A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade
- 15 de marzo: O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial
- 22 de marzo: O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

Se queres inscribirte nestes eventos, podes facelo a través da sección de eventos da páxina web da Axencia Galega de Innovación

Eventos
Bonos de Innovación 2023
Publicación: DOG do 9/2/23
Prazo de solicitude: aberta ata o 10/4/23
Dotación: 750.000€
Obxectivo: Apoiar ás empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia. Os bonos de innovación van dirixidos a suplir e complementar as capacidades internas das empresas a través da contratación de servizos externos prestados polos axentes de innovación.
Modalidades: contamos con tres tipos de bonos que se agrupan nas seguintes liñas:
  • Liña 1: Bonos á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.
  • Liña 2: Bonos para xestión do financiamento da innovación contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:
    - Tipo A: Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións da seguridade social de persoal investigador
    - Tipo B: Tramitación de presentación de axudas de I+D+i estatais, europeas e internacionais
Intensidade da axuda: 70% do custo elixible -agás no caso dos custos de protección de coñecemento que é do 50%-,ata 35.000 euros.

Principais novidades:
  • Amplíanse os posibles beneficiarios ás entidades do sector social, sempre que teñan actividade económica.
  • Amplíanse as actividades obxecto de axuda, incluíndo actuacións de deseño e as bonificacións da seguridade social de persoal investigador.
  • Non suxeito a minimis.

Tes dous meses para solicitar o teu bono, ata o 10 de abril, pero recorda que os custos son elixibles desde a presentación da túa solicitude, así que presenta o teu proxecto canto antes, este ano aínda é máis sinxelo!


Resultados da primeira edición: os Bonos de innovación chegaron a 66 empresas, das que o 67% foi a primeira vez que obtiveron axudas da Axencia Galega de Innovación

Novas

Ver todas

10 de Febreiro de 2023

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

Ler máis

08 de Febreiro de 2023

A Xunta convida as PEMES ourensás a participar no programa de bonos de innovación para gañar en competitividade

Ler máis

08 de Febreiro de 2023

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Febreiro
Xornada monográfica do Polo Aeroespacial de Galicia e Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial

15
Febreiro
Galicia Avanza. Programa de aceleración para a internacionalización das pemes

15
Febreiro
Xornada de presentación das Convocatorias do Clúster 4 de Horizonte Europa: Industria e Espazo

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.