Ver versión en liña

Abre a 7ª edición da BFA, o programa de aceleración da mobilidade e da automoción do futuro

BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación , o Igape e Xesgalicia; o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo, o Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia, CEAGA, e Stellantis. O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en mobilidade e automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento; contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Máis información
Fase de aceleración e de consolidación

O programa conta con 2 fases cuxa diferenza radica no grao de madurez dos proxectos:

Poderán optar á fase de aceleración, cunha duración de ata 9 meses, proxectos que estean nunha etapa inicial e que precisan desenvolver e validar o seu produto ou servizo.
Se o proxecto ten o seu produto ou servizo definido e vendas reais, podería optar á fase de consolidación que tería unha duración de ata 12 meses.
Quen pode participar?
Poden presentarse iniciativas promovidas por emprendedores (persoas físicas), e tamén ideas innovadoras de empresas , así como as propostas de centros de coñecemento para acelerar a súa transferencia a través da creación de spin-offs.
Que servizos ofrece?

A BFA ofrece unha ampla variedade de servizos e actividades para os proxectos participantes co obxectivo de transformalos en empresas innovadoras, viables e escalables:

  • Apoio financeiro: ata 625.000€
  • Posibilidades de colaboración no sector
  • Espazo de traballo
  • Formación
  • Networking
  • Titores
  • Visibilidade

Podes presentar a túa candidatura ata o 28 de xuño!

O vindeiro 3 de maio a partir das 9:30h está previsto un acto de presentación da 7ª edición da aceleradora no Hotel Attica21 de Vigo.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

26 de Abril de 2023

Trinta pemes galegas van poder internacionalizar os seus produtos ou servizos innovadores a través do programa Galicia Avanza da Xunta e Tecnópole

Ler máis

26 de Abril de 2023

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

Ler máis

25 de Abril de 2023

A Xunta agradece á comunidade científica o esforzo realizado durante a covid-19

Ler máis

24 de Abril de 2023

Galicia busca captar fondos europeos para que Boeing continúe impulsando novas iniciativas como socio tecnolóxico e industrial do polo aeroespacial

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Abril
Automatizando a xeración de aplicacións de realidade virtual e aumentada

03
Maio
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

08
Maio
Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.