Ver versión en liña

Unha nova lei de innovación e ciencia para Galicia

O Consello da Xunta autorizou hoxe o inicio da tramitación do anteproxecto de lei de ciencia e innovación, que aspira a situar a Galicia á vangarda normativa neste eido, incorporando as tendencias internacionais máis relevantes. A lei porá énfase na innovación e a sustentabilidade e garantirá unha ciencia ao servizo da sociedade co fin de mellorar a competitividade e o desenvolvemento económico da Comunidade. Para elo, o primeiro paso é abrir unha consulta pública previa a través do portal de transparencia, aberta ata o 19 de maio, para recabar as achegas das persoas interesadas e dos principais axentes do ecosistema galego de I+D+i.

Participa na consulta pública
Orientacións para a futura lei

Galicia ten vixente na actualidade a Lei 5/2013 de fomento da investigación e a innovación de Galicia, que cómpre actualizar co obxectivo de abordar os retos aos que se enfronta Galicia na próxima década. Os obxectivos da nova lei son:

Unha gobernanza eficaz da política de I+D+i
A incorporación de medidas de simplificación administrativa
O establecemento dun marco xeral de regulación do persoal co obxectivo de estimular e apoiar a formación do persoal de investigación, a retención e a atracción de talento
O impulso da innovación pública para que a Administración sexa panca de cambio
O impulso da compra pública innovadora (CPI) e o fomento de fórmulas de innovación pública como espazos de ensaio e experimentación
O impulso da innovación empresarial, incorporando medidas que favorezan a investigación e a innovación por parte das pequenas e medianas empresas
Posibilitar e favorecer a transferencia de coñecemento e a interacción entre o sistema galego de I+D+i e o tecido produtivo para o aproveitamento recíproco de oportunidades e resultados
Favorecer a internacionalización da investigación científica, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación
O avance no compromiso social e na igualdade de xénero, promovendo a investigación e innovación responsable, poñendo o foco nas persoas e fomentando a participación da sociedade na difusión dos resultados da ciencia

Participa ata o 19 de maio facendo a túa achega á nova lei de Ciencia e Innovación!

Participa!!

Novas

Ver todas

03 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia e a Fundación Barrié danlle un novo pulo ao Programa Ignicia coa constitución dun Comité asesor con expertos de prestixio

Ler máis

03 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia destaca que a BFAuto é unha plataforma capaz de inxectar innovación, tecnoloxía e talento ao sector da automoción en Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Maio
Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.