Ver versión en liña

Próxima publicación da convocatoria de rescate Neotec

O Consello da Xunta de hoxe aprobou a publicación da terceira edición do programa de apoio a plans de negocio de empresas tecnolóxicas de recente creación que prevén a comercialización de produtos innovadores. Os proxectos seleccionaranse entre aquelas iniciativas avaliadas positivamente polo programa Neotec e Neotec Mulleres 2022 de CDTI que non resultaran beneficiarias por insuficiencia de crédito. As axudas cobren todas as actuacións dos plans de negocio destas compañías entre os anos 2023 e 2025 e poderán financiar ata o 85% do orzamento da actuación, cun importe máximo de 325.000 euros de axuda por beneficiario. A convocatoria terá un orzamento de 3M€.

Obxecto Apoiar plans de negocio de empresas tecnolóxicas de recente creación que prevén a comercialización de produtos e servizos innovadores. Teñen que ser proxectos intensivos no uso de tecnoloxías ou coñecemento desenvolto a partir da actividade investigadora e avaliados positivamente polo programa Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI).
Pequenas empresas innovadoras que resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento na convocatoria dos programas NEOTEC e NEOTEC Mulleres Emprendedoras do ano 2022. Poderán presentarse tanto empresas galegas, como doutras comunidades autónomas sempre que se comprometan a trasladar a súa sede fiscal, social e centro de traballo a Galicia. Dirixido a:
Intensidade da axuda e importe máximo:
As axudas cubrirán todas as actuacións dos plans de negocio das compañías entre 2023 e 2025 e poderán financiar:
a) Ata o 70% do orzamento elixible da actuación, cun importe máximo da subvención de 250.000 euros por beneficiario.
b) As actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor, poderán financiar ata o 85% do orzamento da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario.
- Os proxectos comezarán a partir do 1 de outubro de 2023
- Poderán solicitar anticipo da totalidade da axuda do primeiro ano, ademais de poder tramitar nas sucesivas anualidades un máximo de anticipo do 60% da axuda total
- As entidades doutras comunidades autónomas que sexan beneficiarias, deberán trasladar a sede fiscal, social e centro de traballo a Galicia no prazo dun mes desde a resolución
Novidades

Novas

Ver todas

24 de Maio de 2023

A Unidade mixta de Emenasa e Anfaco-Cecopesca que apoia a Xunta reforza a competitividade da industria alimentaria aplicando novas tecnoloxías ao control de calidade

Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Maio
Encontros de tecnoloxías innovadoras: Diseccionando un Xemelgo Dixital Intelixente Online

31
Maio
Comercialización de software e know-how dixital

07
Xuño
III Encontro Oportunius: Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC)

21
Xuño
Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.