Presentamos a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas
Onte presentouse esta alianza que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento dun ecosistema de coñecemento e industrial ao redor das tecnoloxías cuánticas, coordinando as diferentes actuacións, sumando esforzos e aunando capacidades de todas as partes para avanzar no liderado nesta materia. Esta iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, no que se están a realizar investimentos por importe superior aos 30M€ e no que xa se crearon máis de 40 empregos directos de alta cualificación.
|