Ver versión en liña
 

Organizar ben o equipo é o primeiro paso do éxito innovador

Contar con persoas creativas, que coñecen ben as metodoloxías e que manexan con soltura as ferramentas asociadas á innovación é un valor importante para unha peme. Con todo, cando hai un equipo detrás da estratexia innovadora, para que as capacidades individuais funcionen é imprescindible unha boa xestión das dinámicas de grupo.
Segue lendo para descubrir os perfís das persoas que precisas no teu equipo innovador e as dinámicas que debes fomentar para que o traballo compartido teña os mellores resultados.


Configurar o equipo
Á hora de formar o equipo de innovación é importante asegurarse de que nel estean representados unha serie de roles. Non se trata necesariamente de que haxa tantas persoas como roles, xa que pode haber individuos que integren varios á vez, pero é importante que dun xeito ou doutro existan no grupo.
ROL INVESTIGADOR DE RECURSOS
Carácter inquisitivo e entusiasta, capaz de detectar oportunidades.
ROL COHESIONADOR
Sabe escoitar e cooperar e exerce a diplomacia.
ROL COORDINADOR
Capaz de poñer en claro os obxectivos e de identificar o talento.
ROL CREADOR
Persoa creativa e resolutiva.
ROL ESPECIALISTA
Coñecemento moi especializado e valioso para o equipo.
ROL AVALIADOR
Carácter analítico e imparcial.
ROL IMPULSOR
Capaz de animar aos demais para superar obstáculos e chegar á meta.
ROL IMPLEMENTADOR
Sabe como converter os impulsos en tarefas organizadas e executalas fielmente.
ROL FINALIZADOR
Pule o traballo e identifica e corrixe os posibles erros.
Facer que o equipo funcione
Para que o equipo de innovación obteña os mellores resultados, é necesario garantir unha serie de dinámicas básicas:
Comunicación,
para que cada membro do equipo saiba cal é a súa función concreta.
Participación,
para que as capacidades flúan e se complementen en función do perfil de cada persoa.
Recursos,
para garantir que o equipo disporá do tempo necesario e da metodoloxía axeitada.
Cultura,
para habilitar na peme unha contorna que favoreza a creatividade e premie as propostas novidosas.
Como se fai?
Descubre como liderar as persoas innovadoras da túa peme a través do caderno

Tempo de lectura: 7 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas nas que o éxito da súa innovación ten moito que ver con boas dinámicas de equipo:

SAMACA

REPORTAXE

VÍDEO
ON Seguridad

REPORTAXE
CAMPOMAYOR

REPORTAXE

VÍDEO
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

10 de Xuño de 2024

A Xunta difunde as capacidades de investigación e innovación de Galicia ante unha delegación internacional do sector biotecnolóxico

Ler máis

11 de Xuño de 2024

Román Rodríguez destaca o Centro de Investigación Mestrelab, un dos fitos da estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico da Xunta

Ler máis

12 de Xuño de 2024

A Xunta confirma que Galicia está preparada para aproveitar as novas oportunidades que se abren para o sector biotecnolóxico

Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Xuño
Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2024

25
Xuño
Xornada de presentación do Programa EU4Health

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.