Da fase conceptual á obsolescencia |
O primeiro paso é considerar todas as fases polas que transita o produto ou servizo, prestándolles a mesma atención a todas elas para detectar oportunidades de innovación non identificadas: |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/01/icono-1-fase-conceptual.png) |
Fase conceptual Comprender a fondo as necesidades do mercado para desenvolver produtos e servizos máis adaptados a satisfacelas. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/01/icono-2-fase-produtiva.png) |
Fase produtiva Optimizar os procesos produtivos para reducir custos e impacto medioambiental. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/01/icono-3-fase-comercial.png) |
Fase comercial Xerar novos modelos de negocio e estratexias de comercialización. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/01/icono-4-fase-uso.png) |
Fase de uso e mantemento Desenvolver novos servizos de atención posvenda e propostas de valor complementarias ou modelos de uso alternativos. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/01/icono-5-fase-obsolescencia.png) |
Fase de obsolescencia Reciclar bens e materiais e crear novos modelos de negocio baseados no que queda do produto ou servizo desbotado. |
Unha vez realizada esta análise, selecciona as oportunidades de mellora que poidan supoñer un maior beneficio para a túa empresa, os teus clientes, o teu ecosistema de provedores e colaboradores e o medio ambiente. |
|
|