Ver versión en liña
 

Descubre o poder do márketing innovador

A estratexia que usan as pemes para achegarse aos seus públicos obxectivo e persuadilos co fin de que pasen de ser clientes potenciais a clientes reais define a esencia do márketing.
Hoxe exploramos as parcelas das técnicas de mercadotecnia nas que se pode actuar para lograr enfoques innovadores que se traduzan nunha maior competitividade no mercado.


As preguntas clave
Para innovar hai que poñer en cuestión o que se está a facer, así que podes comezar por preguntarte se a túa peme ten ben orientada a estratexia de mercado en cada unha das súas fases:
  • A maneira de presentar o produto ou servizo causa o efecto desexado? Tedes como medilo?
  • Estades a explicar ben o produto ou servizo? Fálase del?
  • Están claros os argumentos para convencer de que a vosa oferta é a mellor para o voso segmento de mercado?
  • O/A cliente potencial pode experimentar dalgún xeito a vosa proposta de valor?
  • É fácil e cómodo o proceso de adquisición? Ofrecedes as modalidades de compra que mellor se adaptan á vosa clientela?
  • Preocupádesvos de que a experiencia de cliente sexa a mellor posible? Facedes accións específicas para que volva comprar?
  • Dinamizades a prescrición? Estades a aproveitar ben as achegas de clientes para aumentar o voso alcance comercial?
Accións a emprender
Identificar os diferentes perfís
de clientes potenciais e analizar como reaccionan ante as accións comerciais para ver que se pode mellorar.
Redeseñar a experiencia
que a vosa clientela ten ao relacionarse coa empresa para que satisfaga en cada momento as súas expectativas.
Facer unha proba de mercado
para validar as hipóteses previas con persoas usuarias representativas do mercado potencial.
Revisar as mensaxes e contidos
que se están a usar en cada unha das fases do proceso comercial.

Considerar as novas tecnoloxías para lanzar ofertas
a través de vídeo, retransmisións en directo, contidos interactivos, infografías, testemuñas de clientes, casos de éxito, mensaxería instantánea....
Aproveitar as ferramentas dixitais
para xerar contido, automatizar accións, analizar niveis de satisfacción ou dinamizar redes sociais.
Revisar e crear novas canles,
tanto físicas como dixitais, polas que se produce o contacto entre a empresa e o público.
Como se fai?
Afonda nas accións a emprender no ámbito da mercadotecnia co caderno

Tempo de lectura: 7 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que usan o márketing como ferramenta innovadora:

TMC CANCELA

REPORTAXE

VÍDEO
MOBALCO

REPORTAXE
ROSA DE LOS VIENTOS

REPORTAXE

VÍDEO
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

25 de Xuño de 2024

Román Rodríguez anima aos sectores produtivos a seguir modernizándose a través do I+D+I e tecnoloxías punteiras

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Xullo
Presentación dos proxectos galegos que participan la liña FID

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.