Apuntar ben coa innovación
para ter clientes satisfeitos
Cantos novos produtos ou servizos resolven problemas reais de persoas reais? Coñeces obxectivamente cal é a expectativa da clientela para a que estás a innovar? Hoxe descubrimos as claves para orientar o proceso innovador a buscar solucións a necesidades que verdadeiramente existen no mercado.
Elixe a metodoloxía
Das posibles metodoloxías para levar o proceso innovador na dirección correcta, existen
tres que destacan polo seu foco nas persoas usuarias:
DESIGN THINKING
Consta de cinco etapas:
Empatizar coas necesidades das persoas.
Definir o problema a resolver.
Idear posibles solucións.
Testar mediante prototipos.
Lanzar ao mercado a mellor solución.
LEAN STARTUP
Baséase na formulación de hipóteses críticas (referidas a algunha característica do produto, ao comportamento das persoas usuarias ou ao modelo de negocio) e na súa avaliación para determinar como se debe axustar o proceso innovador.
ESTRATEXIA DO OCÉANO AZUL
Busca oportunidades inexploradas, onde a competencia é escasa ou inexistente (océanos azuis), en lugar de pelexar por máis cota en mercados xa maduros (océanos vermellos).
Pasa á acción
Empeza por definir a necesidade do segmento de clientes ao que queres dirixir a túa innovación e explicita a expectativa da forma máis concreta posible.
Pensa nas hipóteses que debes ir probando ao longo do proceso de innovación e avalíaas.
Crea a versión máis simple do teu produto ou servizo capaz de satisfacer a necesidade do teu público obxectivo e téstao en función das hipóteses da etapa anterior.
Aprende, toma decisións e repite o proceso, aplicando este ciclo de construír, medir e aprender ata que teñas o teu produto ou servizo listo.
Como se fai?
Aprende a levar na dirección correcta o teu
proceso innovador co caderno Tempo de lectura: 7 minutos
Coñece dúas experiencias que concentran esforzos en innovar para dar
resposta a necesidades reais
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.