Ver versión en liña

Apoios á I+D+i de CDTI e Xunta

Hoxe celebramos a xornada anual de presentación dos instrumentos de apoio á I+D+i do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia. Achegamos a través deste boletín a información que ofreceron as representantes de ambas entidades, así como un balance dos resultados das entidades galegas nas últimas convocatorias resoltas por CDTI.

Principais novidades das convocatorias abertas e próximas a abrir
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, fixo un repaso polas principais liñas de axuda da Axencia, facendo especial fincapé na convocatoria de Ciencia-Empresa, que apoia proxectos individuais de investigación e desenvolvemento e está aberta ata o 27 de abril. Así mesmo, informou das convocatorias de próxima publicación, como Recuperación da excelencia Neotec, Vinnovate e proxectos colaborativos en deep tech e biotecnoloxía. Por outra banda, fixo balance dos resultados obtidos polas entidades galegas nas últimas convocatorias resoltas por CDTI. Tes toda a información na súa presentación.

Pola súa banda, Pilar González, xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI, tamén fixo un percorrido polas convocatorias que o ente estatal ten abertas e polas que se convocarán proximamente, avanzando as principais novidades destas últimas. Entre elas destacan a convocatoria Neotec, a nova liña de infraestruturas de ensaio e experimentación e Misións Ciencia e Innovación 2026. Consulta a presentación de CDTI na nosa web.

Por último, contamos coa participación de Xabier Crespo, cofundador da empresa SC ROBOTICS, que contou a súa experiencia concorrendo ás axudas Neotec de CDTI e Recuperación da excelencia Neotec da Xunta.

Podes acceder ás presentacións na seguinte ligazón.

Máis información

Novas

Ver todas

16 de Abril de 2026

A Xunta reúne a científicos de prestixio no consello asesor de I+G+i para reforzar o avance neste campo

Ler máis

16 de Abril de 2026

Xunta e UVigo inauguran a maior estación de España para comunicacións espaciais con tecnoloxía cuántica

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.