A Xunta fai balance do programa Oportunius
| Ao abeiro do programa Oportunius da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é xerar oportunidades para persoal investigador de excelencia e reforzar tanto o acceso como os beneficios das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC), convocáronse esta mesma semana seis novas prazas de persoal investigador distinguido. Con esta convocatoria, Galicia acadará este ano un total de 31 investigadores Oportunius contratados, o que situará 2026 como o ano con maior número de contratos asinados. |
|