Ver versión en liña

Estatísticas sobre gasto en I+D e innovación empresarial do INE

O Instituto Nacional de Estatística está a enviar os cuestionarios para a recollida de información sobre investimento en I+D+i do ano 2025. A información achegada polas empresas é fundamental para visibilizar o esforzo innovador que xa se está a realizar en Galicia e para reflectir con precisión a dimensión real do ecosistema. Estes datos empréganse ademais como referencia en indicadores e clasificacións europeas e internacionais, polo que unha cobertura incompleta pode facer que parte desta actividade quede invisible e limitar futuras oportunidades de apoio e financiamento.

No caso de recibir esta comunicación, queremos pedirvos ás empresas e e entidades un esforzo e dedicación especial na cumprimentación do cuestionario, co obxectivo de garantir a calidade e precisión dos datos achegados, fundamentais para reflectir adecuadamente a realidade da I+D+i en Galicia
Recomendacións para cumprimentar a enquisa
Incluir tamén actividades innovadoras NON TECNOLÓXICAS
Reflectir correctamente a actividade desenvolvida especificamente en Galicia
FUNDAMENTAL: que o cuestionario sexa cuberto ou conte coa participación das persoas ou equipos con coñecemento directo da actividade de I+D+i da entidade
Para resolver calquera dúbida relacionada coa enquisa, o INE pon á disposición das entidades o correo: investigacionydesarrollo@ine.es
Enquisa sobre necesidades do persoal investigador e xestor
Por outra banda, no marco do proxecto europeo BRITE-EU, unha iniciativa de Horizon Europe orientada a reforzar o talento, a empregabilidade e a colaboración en I+D+i a nivel europeo, estase a desenvolver unha enquisa paneuropea centrada no ámbito da saúde dixital. O seu obxectivo é identificar necesidades, carencias en competencias, retos de desenvolvemento profesional e posibles ámbitos de mellora para persoal investigador e profesionais de xestión e apoio á I+D+i vinculados ao sector sanitario e da saúde dixital. Os resultados permitirán aos 11 socios do consorcio orientar futuras accións e actividades, relacionadas coa formación, empregabilidade, mobilidade e fortalecemento de capacidades neste ámbito estratéxico. A duración da enquisa é de 10 minutos.
Enquisa proxecto BRITE-EU

Novas

Ver todas

06 de Maio de 2026

A biotecnoloxía consolídase como un sector económico e científico puxante en Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Maio
Programa Ignicia - Curso de xestión avanzada dos IPR

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.