Ver versión en liña

Próximas xornadas da Axencia Galega de Innovación

Nos vindeiros días temos prevista a celebración de varias xornadas informativas. En concreto, centraranse nas convocatorias de partenariados europeos; a presentación da Consulta Preliminar de Mercado para a fabricación dun prototipo para o Colisionador de Partículas do CERN; a presentación da Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia 26-30 e un grupo focal sobre I+D+i no sector da saúde dixital.

Partenariados de Horizonte Europa
Data e hora: Venres 19 de xuño ás 10h
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
No marco do Ciclo Europa, celebramos mañá en colaboración con CDTI, unha xornada informativa sobre as novas convocatorias e principais novidades dos Partenariados Horizonte Europa en 2026.
Os Partenariados Europeos son iniciativas de colaboración promovidas pola Comisión Europea dentro do programa de investigación e innovación Horizonte Europa. O seu obxectivo é reunir diferentes actores —administracións públicas, universidades, centros de investigación, empresas e organizacións da sociedade civil— para abordar retos estratéxicos que ningún actor podería resolver por si só. Nesta xornada trataranse ámbitos clave para a transición ecolóxica e dixital, incluíndo a agricultura sostible e baseada en datos, os sistemas alimentarios do futuro, a saúde e o benestar animal, a xestión da auga e dos bosques, a economía azul, as cidades sostibles, a transición cara a enerxías limpas e a xestión sostible das materias primas.
Contaremos coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto de CDTI para os Partenariados HE, que, ademáis de presentar o programa, manterán reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Quero asistir!
Xornada de presentación da Consulta Preliminar de Mercado para o Colisionador de Partículas do CERN
Data e hora: Martes 23 de xuño ás 12h
Lugar: Sede do IGFAE. Campus Vida (Santiago de Compostela)
Nesta xornada darase a coñecer a Consulta Preliminar de Mercado que acaba de lanzar CDTI para identificar entidades interesadas en participar na fabricación do prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN aberta ata o 9 de xullo. Esta consulta, que inicia o proceso de licitación a través de compra pública innovadora financiado con fondos Feder, representa unha oportunidade estratéxica para o ecosistema galego de I+D+i.
A consulta preliminar diríxese a empresas que conten con capacidades nalgún dos seguintes ámbitos: electromagnetismo, ultra alto baleiro, mecánica de precisión, metroloxía e aliñamento, robótica e automatización, instrumentación e control, simulación avanzada e intregración e validación.
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración da Xunta, do CDTI e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), un centro mixto do Goberno autonómico e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) cunha longa experiencia e traxectoria de cooperación co CERN.
Quero asistir!
Presentación da Estratexia de Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030
Data e hora: Venres 26 de xuño ás 12h
Lugar: Edificio CINC. Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
O obxectivo deste evento é presentar a Estratexia de Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030, a folla de ruta que vertebrará as accións do sector biotecnolóxico no periodo 2026-2030. Para elo, contarase coa participación de distintos axentes do ecosistema para que acheguen as súas experiencias de impulso á excelencia competitiva do sector biotecnolóxico de Galicia e a súa proxección internacional.
Quero asistir!
Grupo focal sobre I+D+i no sector saúde dixital dentro do proxecto BRITE_EU
Data e hora: Xoves 2 de xullo ás 10h
Lugar: Online
Trátase dunha ferramenta para recoller impresións e achegas sobre as necesidades de formación, desenvolvemento profesional, colaboración e fortalecemento da I+D+i en saúde dixital en Galicia, no marco do proxecto europeo BRITE-EU, centrado na identificación de necesidades, retos e oportunidades do ecosistema galego de saúde dixital.
A participación está aberta a persoal investigador, profesionais de xestión e apoio á I+D+i, empresas, entidades sanitarias, administracións públicas e demais axentes vinculados ao sector.
O obxectivo é contar cunha representación o máis diversa posible do ecosistema galego para poder identificar retos compartidos, oportunidades de mellora e posibles accións futuras neste ámbito.
Quero asistir!

Novas

Ver todas

16 de Xuño de 2026

A Xunta captará máis dun centenar de científicos internacionais cos novos programas do plan de I+G+i

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.