Ver versión en liña

Reformulación dos ámbitos estratéxicos da RIS3

Como resultado da avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-27 e seguindo a recomendacións da Comisión Europea, afrontamos a reformulación dos ámbitos de priorización da actual RIS3. A súa finalidade é simplificar o seu perfil de especialización á vez que se recollen as novas orientacións estratéxicas nas que está a traballar a Unión Europea. Deste xeito, búscase incrementar a claridade e operatividade na súa implementación e asegurar o mellor aproveitamento por parte de Galicia das oportunidades emerxentes. Para acadalo, queremos coñecer a túa opinión a través dun cuestionario.

Sobre a consulta
Este cuestionario ten como obxectivo recoller a opinión do conxunto de axentes do ecosistema de innovación de Galicia sobre a reformulación dos ámbitos de priorización estratéxicos da RIS3 2021-2027.
A proposta de reformulación, sobre a que solicitamos a túa opinión en relación coa súa validez e importancia estratéxica, é o resultado das mesas de traballo específicas que se desenvolveron sobre este tema e ás que se convidou ao conxunto de axentes do ecosistema.
Propósito da consulta
Nas mesas de traballo cos axentes celebradas en abril elaborouse unha proposta de novos bloques estratéxicos, mantendo a súa vixencia os grandes retos e prioridades da RIS3.
Pedímosche que valides a proposta e valores o nivel de importancia estratéxica que, ao teu xuízo, ten cada bloque e cada un dos seus ámbitos no marco da RIS3 2021-2027.
 

Podes acceder á enquisa a través deste enlace

Accede á enquisa

Novas

Ver todas

23 de Xuño de 2026

Román Rodríguez celebra que máis de 130 empresas e axentes de I+D+i se interesen polo proxecto para fabricar en Galicia un prototipo do CERN

Ler máis

22 de Xuño de 2026

Galicia destinará 805 M€, un 20 % máis, para converter a biotecnoloxía galega nun referente internacional

Ler máis

19 de Xuño de 2026

ITG, Naturgy e Flything desenvolverán unha plataforma enerxética para transformar residuos en produtos de alto valor engadido co apoio da Xunta

Ler máis

Eventos

Ver todos
26
Xuño
Presentación da Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030

02
Xullo
Focus Group BRITE-EU sobre necesidades de I+D+i en saúde dixital

07
Xullo
Investigación de Excelencia e Competitividade Científica. O Impacto do Programa Oportunius en Galicia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.