Ver versión en liña

A Estratexia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030 prevé un investimento de 805 M€

A Xunta dá o pulo definitivo para acadar a excelencia competitiva no eido biotecnolóxico, co obxectivo de converter Galicia nunha biorrexión de referencia a nivel mundial. Esta Estratexia procura un incremento dun 20 % no emprego ligado ao sector, chegando ata os 7.000 postos, e ampliando ata en 1.500 o persoal investigador. Así se expuxo na presentación desta folla de ruta para os vindeiros anos, nun acto que congregou máis de 300 representantes do ecosistema biotecnolóxico galego.

Consulta o documento
Catro subsectores e cinco eixes prioritarios
A Estratexia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030 artellarase en torno á 4 subsectores prioritarios, 5 eixes de actuación e un eixe transversal de gobernanza e execución estratéxica.
Obxectivos para o 2030
A través de 13 programas, 25 accións e 84 medidas, a Estratexia da Biotecnoloxía de Galicia pretende acadar no 2030 os seguintes obxectivos:
Próximo destino, Biospain 2026
Ao abeiro desta Estratexia da Biotecnoloxía, Galicia participará, un ano máis, no congreso Biospain 2026, que terá lugar os días 29 de setembro ao 1 de outubro en Bilbao. A delegación galega -integrada polas fundacións públicas de investigación sanitaria, agrupacións industriais vinculadas ao sector, as tres universidades púlibicas galegas e a Xunta de Galicia- contarán cun espazo propio onde se presentarán proxectos estratéxicos, capacidades científicas e iniciativas de colaboración únicas.
Se a túa entidade prevé asistir a Biospain, podes contactarnos en servizos.gain@xunta.gal e formar parte de todas as actividades que se organicen desde a delegación galega. Non perdas esta oportunidade de participar e abrir horizontes!

Novas

Ver todas

02 de Xullo de 2026

Román Rodríguez aborda co director da Axencia Estatal de Investigación os avances na I+G+I

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Xullo
Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.