Ver versión en liña

Galicia e o Norte de Portugal presentan o proxecto transfronteirizo MAISRIS3T

A Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal avanza un paso máis co lanzamento do proxecto MAISRIS3T, que procura optimizar a cooperación transfronteiriza en innovación, creando estruturas estables asociadas á RIS3T, a promoción de procesos de descubrimento emprendedor e o fortalecemento da coordinación institucional. O acto de presentación deste proxecto europeo terá lugar o vindeiro 16 de xullo ás 09.30 horas (hora portuguesa) na Biblioteca Municipal de Viana do Castelo (Portugal), dentro do Fórum MAISRIS3T. A xornada está dirixida a todos os axentes do ecosistema da I+D+i da Eurorrexión.

Máis información
Proxecto MAISRIS3T
MAISRIS3T (Maximizando o Impacto e a Sostenibilidade da RIS3T), apoiado polo programa Interreg POCTEP, ten como obxectivo maximizar o impacto e a sostibilidade da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal 2021-2027 (RIS3T), o marco común da política de I+D+i da Eurorrexión. Para elo, MAISRIS3T preséntase como un instrumento orientado a reforzar a súa gobernanza, seguimento e dinamización.
O vindeiro 16 de xullo, terá lugar o lanzamento oficial do proxecto. No evento, presentarase a folla de ruta para a implementación das accións a desenvolver nos vindeiros tres anos. Ademais, levarase a cabo o acto institucional de aprobación da folla de ruta da implementación da RIS3T, coa participación de representantes de todas as entidades integrantes do partenariado. A xornada complementarase cunha mesa redonda sobre as áreas de cooperación estratéxica da RIS3T, que moderará a directora da Fundación CEER.
Cun orzamento total de 971.271,42€, o proxecto está coordinado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación. Nel participan a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N), a Fundación de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal) (GNP-AECT).
Resultados previstos de MAISRIS3T
Entre os principais resultados previstos atópanse os seguintes:
Posta en funcionamento dun sistema estruturado de monitorización da RIS3T
Creación dun Observatorio de Innovación GNP
Desenvolvemento de estudos para identificar boas prácticas europeas en instrumentos de financiamento
Proposta de novos mecanismos de apoio a proxectos transfronteirizos de innovación
Organización de eventos temáticos
Infodays e accións de matchmaking
Celebración periódica de reunións da Comisión Técnica Transfronteiriza e do Consello de Innovación

Se queres asistir ao Fórum MAISRIS3T, preme na seguinte ligazón

Inscríbete aquí

Novas

Ver todas

08 de Xullo de 2026

A Xunta destaca a súa aposta polas tecnoloxías avanzadas nun encontro sobre políticas públicas para a ciencia en Cantabria

Ler máis

07 de Xullo de 2026

O impacto dos investigadores do programa Oportunius da Xunta alcanza os 123 M€

Ler máis

05 de Xullo de 2026

A Xunta intensifica a divulgación da eclipse co apoio de dez científicos de centros de investigación galegos

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.