Ver versión en liña

Actualizacións no Mapa de apoios da Xunta de Galicia á I+G+i

Na sección de axudas da páxina web da Axencia Galega de Innovación está dispoñible dende comezos de ano o Mapa de axudas da Xunta de Galicia á I+G+i. Este documento, que agrupa 34 instrumentos de 7 departamentos autonómicos, está en actualización continua con datas de publicación e as ligazóns aos procedementos. Consulta as vindeiras convocatorias de talento, coñecemento, innovación e emprendemento, colaboración estratéxica e posicionamento.

Accede ao mapa
Recuperación Excelencia Neotec e VInnovate Galicia
Dentro das liñas de apoio xestionadas pola Axencia Galega de Innovación, publicaranse proximamente as convocatorias de Recuperación Excelencia Neotec 2026 e VInnovate Galicia.
A primeira, cuxa publicación no DOG está prevista para o vindeiro 30 de xullo, está dirixida a apoiar aquelas pemes que superaron os limiares mínimos do programa Neotec de CDTI, pero que finalmente quedaron fóra por falta de fondos.
No segundo caso, trátase da convocatoria para financiar ás entidades galegas que concorran ao instrumento europeo VInnovate da Vanguard Initiative, que apoia proxectos de innovación internacionais. O prazo para a presentación da expresión de interese a nivel europeo é o 10 de setembro e a convocatoria galega publicarase proximamente.
Próximas convocatorias
Pola súa banda, as convocatorias de axudas a proxectos colaborativos no ámbito das deep tech e da biotecnoloxía da Axencia Galega de Innovación mudan a previsión inicial da súa publicación cara finais deste ano.

Novas

Ver todas

22 de Xullo de 2026

O Cesga suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth, punto de partida do arranque da primeira fábrica europea de IA en España

Ler máis

17 de Xullo de 2026

A nova spinoff TraffikGene, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, lanza a súa tecnoloxía vinculada á innovación na saúde

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Xullo
Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.