Ver versión en liña

Galicia acollerá o I Congreso Nacional de Innovación Local

No marco da aposta da Xunta de Galicia pola innovación local como un ámbito de oportunidade para impulsar a I+D+i no noso territorio, estamos a organizar o I Congreso Nacional de Innovación Local, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de decembro. Dentro deste evento, convocamos tamén o Premio á Innovación Local, para recoñecer iniciativas innovadoras levadas a cabo por entidades locais de toda España. Por último, a finais de setembro celebraremos nas catro provincias galegas as primeiras sesións de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i.

Unha cita para compartir experiencias e boas prácticas
O I Congreso Nacional de Innovación Local persegue ser un punto de encontro para que as administracións locais de toda España intercambien coñecementos, experiencias e boas prácticas neste ámbito. Para elo, contarase coa participación de expertos de referencia tanto en innovación como en planificación local. Nas vindeiras semanas, publicarase tanto o programa como o formulario de inscrición, pero xa podes reservar a data na túa axenda!.
O congreso incluirá, na xornada do 4 de decembro, a entrega do I Premio de Innovación Local, aberto a todos os concellos de España. Este galardón busca recoñecer iniciativas innovadoras levadas a cabo polas entidades locais e conta con tres categorías segundo o tamaño do concello: concellos de ata 10.000 habitantes, concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes e concellos de máis de 50.000 habitantes As candidaturas poden presentarse ata o 5 de outubro. Máis información, en innovacionlocal.gain@xunta.gal.
Primeiras sesións de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i
Seguindo esa aposta por achegar a I+G+i ao eido local, a finais de setembro organizamos catro sesións de traballo (unha por provincia e con prazas limitadas) para a elaboración do Plan Local de I+D+i. Este instrumento concíbese como un instrumento estratéxico que permitirá aos entes locais identificar desafíos concretos e articular solucións adaptadas ás súas necesidades específicas. Para construír dun xeito colaborativo esta folla de ruta, convocamos estas sesións de traballo dirixidas a persoal dos concellos galegos, centros tecnolóxicos, empresas e organismos de investigación.

Podes inscribirte nas sesións de traballo no seguinte formulario

Inscríbete!

Novas

Ver todas

02 de Setembro de 2026

A Xunta apoia un proxecto innovador en medicamentos personalizados a través de impresión 3D

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Setembro
Smart Agri Connect 2026: encontro internacional B2B para o sector agrícola

19
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES sen experiencia

28
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.