Ver versión en liña

Aprobada a convocatoria VInnovate Galicia 2026 cun investimento de 1 M€

Reforzamos o apoio ao desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación internacionais. A terceira convocatoria VInnovate Galicia, para a que a Xunta destina 1 M€ cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, inclúe varias novidades. Os proxectos deberán contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxías incluídas na Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP). O prazo para a remisión de propostas á Axencia Galega de Innovación esténdese do 18 de setembro ao 19 de outubro. Galicia é, xunto co País Vasco, a única comunidade autónoma de España que participa nesta iniciativa de proxectos colaborativos de investigación e innovación conformados por entidades de sete países.

Máis información
Requisitos das candidaturas
Como requisito imprescindible para optar ao financiamento autonómico, o proxecto deberá ter aprobada a expresión de interese polo secretariado de VInnovate. Ademais, a terceira convocatoria galega require que a iniciativa, ademais de contribuír a un dos 6 proxectos piloto da Vanguard Initiative (impresión 3D; saúde intelixente; fabricación eficiente e sostible; enerxía de fabricación avanzada; bioeconomía, e hidróxeno), deberá tamén aportar avances a algunha das tecnoloxías STEP (Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa):

Biotecnoloxías

Tecnoloxías de intelixencia artificial e tecnoloxías dixitais profundas (deep tech)

Tecnoloxías do hidróxeno: electrolizadores, pilas de combustible e aplicacións industriais

Biotecnoloxías aplicadas á saúde: xenómica, terapias avanzadas e medicina personalizada

Tecnoloxías renovables mariñas e fabricación avanzada para aplicacións offshore

Tecnoloxías eficientes no uso dos recursos (zero technologies)

Ata o 100 % de intensidade da subvención
Unha das principais vantaxes da terceira edición de VInnovate é o incremento ata un 100% da intensidade da axuda no caso dos organismos de investigación e centros tecnolóxicos que desenvolvan actividades non económicas no proxecto. Isto supón un cambio importante con respecto a anteriores edicións, nas que o máximo era do 60 %.

Os custos elixibles para o financiamento poden ser de persoal, subcontratación, compras (viaxes, equipos, consumibles), ademais de custos indirectos. Os proxectos deberán estar finalizados antes do 30 de setembro de 2029.
A convocatoria completa publicarase o 17 de setembro no DOG. A comunicación de resultados ás candidaturas presentadas realizarase na segunda quincena de de decembro.

Podes consultar máis información no seguinte enlace

Máis información

Novas

Ver todas

07 de Setembro de 2026

Galicia celebra en decembro o primeiro Congreso Nacional de Innovación Local

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Setembro
Pontevedra: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

23
Setembro
Ourense: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

24
Setembro
Lugo: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

25
Setembro
A Coruña: Mesa de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.