Ver versión en liña

Convocatoria INNTERCONECTA-STEP 2026

Esta semana presentamos xunto ao Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) en Santiago de Compostela a convocatoria INNTERCONECTA-STEP 2026. Esta liña de axudas, financiada con fondos europeos Feder, ofrece unha grande oportunidade para desenvolver proxectos de I+D en cooperación nos ámbitos STEP: tecnoloxías dixitais, tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos e biotecnoloxías. As entidades galegas dispoñen dunha dotación estimada de 51 millóns de euros, o maior orzamento entre as comunidades autónomas participantes, co obxectivo de seguir impulsando proxectos, novas colaboracións, máis investimento e maiores capacidades tecnolóxicas para a nosa comunidade.

Máis información
Requisitos
Quen pode optar?


  • Alomenos 2 comunidades autónomas
  • 1 PEME
  • 1 coordinador
  • Un consorcio regulado por un acordo subscrito antes da solicitude
Características dos proxectos
  • Plurianuais
  • Cun orzamento entre 1-4M€ (Subcontratación mínima do 10% con organismos de investigación)
  • Realizado alomenos en 2 das seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Canarias, Castela e León, Castela A Mancha, Comunidade Valenciana, Extremadura, Galicia e Rexión de Murcia.
44 proxectos con actividade en Galicia
na convocatoria anterior

APERTURA PREVISTA: OUTUBRO 2026

Como se vai desenvolver a convocatoria?


Concesión por concorrencia competitiva


Presentación entre outubro e novembro de 2026


Intensidade máxima das axudas de ata un 80%


Reserva de orzamento a proxectos de saúde feminina

Balance da anterior edición
Na edición anterior, desenvolvéronse en Galicia 44 proxectos, que obtiveron unha axuda de 32,5M€ e mobilizaron máis de 52 M€. En canto ao perfil das empresas beneficiarias galegas, un 60% eran medianas ou grandes empresas. No tocante ao sector, as TIC representaron o 36% do orzamento galego, seguidas polos sectores industriais, cun 25%, e pola enerxía, con preto dun 17%.
Canle para facilitar a formación de consorcios
Como un dos requisitos dos proxectos é a colaboración interrexional, dende a Red PIDI, da que a Axencia Galega de Innovación forma parte, puxeron en marcha unha canle de intercambio de información entre os seus nodos para a formación de consorcios. Se queredes facer uso deste servizo, podedes poñervos en contacto con programas.gain@xunta.gal.

Novas

Ver todas

29 de Setembro de 2026

Galicia participa na Feira Biospain 2026 para reforzar a unión de ciencia e industria e atraer investimento

Ler máis

25 de Setembro de 2026

A Xunta reúnese con concellos e outros axentes do ecosistema galego de I+D+i para definir o Plan Local de I+D+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Outubro
Transferencia de Coñecemento e Interacción co Sistema de I+D+i

19
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES sen experiencia

27
Outubro
PROGRAMA IGNICIA – Curso Presencial: IA para a Transferencia de Coñecemento

28
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a subscrición.