Ver versión en liña

A Axencia Galega de Innovación presenta o Val europeo de innovación en cuántica

Galicia acolle a presentación do Val Europeo de Innovación en Tecnoloxías Cuánticas, unha iniciativa liderada pola Axencia Galega de Innovación na que participan 19 entidades de 9 países europeos e que conta cun orzamento de 14,3 millóns de euros. O seu obxectivo é impulsar o desenvolvemento de aplicacións avanzadas e casos de uso de alto impacto das tecnoloxías cuánticas mediante a cooperación entre rexións europeas.temos programadas e inscríbete!

Data: mércores 21 de outubro ás 10h
Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) - Santiago de Compostela

Por que é interesante asistir?

Máis de 7 millóns de euros
 en financiamento público
Un dos elementos clave do Val será a posta en marcha de convocatorias competitivas de I+D+i en tecnoloxías cuánticas, dotadas con máis de 7 millóns de euros de financiamento público. Poderán optar a estas axudas startups, pemes e centros de coñecemento das rexións participantes para desenvolver novas aplicacións destas tecnoloxías.
Unha oportunidade para conectar co ecosistema europeo
A xornada contará con representantes de entidades internacionais de referencia, entre elas, as universidades de Delft, Tampere e Politécnico de Milán, o Laboratorio de Integración de Sistemas e Tecnoloxía do Comisionado da Enerxía Atómica e Enerxías Alternativas (CEA-List) e o Polo de competitividade europeo da Rexión de París dedicado ás tecnoloxías profundas e dixitais, ambos franceses, e o Munich Quantum Valley, asociación d Estado xermano de Baviera que agrupa a universidades e centros de investigación con experiencia en ciencia e tecnoloxía cuántica.
Inscríbete xa!

Novas

Ver todas

14 de Outubro de 2026

A Xunta promove o debate sobre o futuro da dixitalización en Europa

Ler máis

08 de Outubro de 2026

O ecosistema de I+G+I reforza a colaboración transfronteiriza coa visita dunha delegación do International Iberian Nanotechnology Laboratory

Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES sen experiencia

27
Outubro
PROGRAMA IGNICIA – Curso Presencial: IA para a Transferencia de Coñecemento

28
Outubro
Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a subscrición.