O talento galego brilla nos Premios Nacionais de Investigación 2026 con cinco galardoados
| A excelencia do persoal investigador galego estivo presente nos Premios Nacionais de Investigación 2026, os recoñecementos máis importantes de España neste eido concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Asistimos á cerimonia de entrega de galardóns, que se celebrou esta semana en Vitoria-Gasteiz presidida pola Súa Maxestade o Rei Felipe VI. Cinco científicos galegos foron recoñecidos pola súa traxectoria profesional e polas súas contribucións e logros nos seus respectivos ámbitos. Tres deles traballan en Galicia, Ángel Carracedo Álvarez, Carmen Álvarez Lorenzo e Laura Castro Santos, e dous fano fóra da nosa comunidade, José Antonio Sobrino Rodríguez, quen dirixe a Unidade de Cambio Global da Universitat de València, e Ana Novoa Pérez, vicedirectora da Estación Experimental de Zonas Áridas do CSIC en Almería.
|
Consulta aquí todos os premiados
|