A Xunta apoia cinco proxectos de emprendemento tecnolóxico en Galicia
| A convocatoria de Recuperación da Excelencia Neotec 2026 da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia acaba de conceder máis de 1,5M€, cofinanciados con fondos europeos Feder, a cinco proxectos empresariais innovadores. Esta liña de apoio está dirixida a iniciativas que contan con selo Neotec pero que quedaron inicialmente sen financiamento por falta de crédito orzamentario. Os proxectos abranguen ámbitos como a tecnoloxía espacial, o investimento ético e sostible, a biotecnoloxía aplicada á medicina personalizada e a biomecánica. A intelixencia artificial, os novos materiais e os modelos de simulación avanzada son algúns dos elementos comúns a estas propostas, orientadas ao desenvolvemento de solucións disruptivas con potencial de mercado. Descúbreas!
|
Máis información
|