Ver a versión en liña

Remata a segunda edición de AgroBiotech Innovación

Acaba de rematar a segunda edición da aceleradora AgroBiotech Innovación, especialmente dirixida ao impulso e o crecemento sostible das pemes innovadoras galegas nos ámbitos da biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa. Desta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación e a Tecnópole, beneficiáronse 21 empresas, entre as dúas edicións, que accederon a formación e acompañamento específico (liderado de produto, a excelencia operativa ou a comercialización e internacionalización), adaptado ás necesidades concretas de cada compañía e co obxectivo de facerse máis fortes e competitivas nos mercados.

Web AgroBiotech Innovación
Resultados da primeira edición

Os indicadores acadados na primeira edición de AgroBiotech Innovación son moi positivos. As once empresas participantes crearon máis de 70 empregos, puxeron 60 novos produtos no mercado europeo e rexistraron un incremento medio do 4% nas súas facturacións.

Casos de éxito

Co obxectivo de dar a coñecer a experiencia no programa e os resultados acadados, están dispoñibles na web de Agrobiotech dez vídeos de curta duración nos que as empresas participantes nesta última edición presentan a súa empresa e explican o que lles reportou a súa participación no programa de aceleración.

Novas

Ver Todas

28 de Decembro de 2017

O Goberno galego aposta polo I+D+i a través do programa Conecta Peme e das axudas para equipar os centros tecnolóxicos

O presidente da Xunta indica que ambas iniciativas mobilizarán un investimento público-privado de 63 millóns de euros.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.