Ver a versión en liña

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O vindeiro 26 de abril celébrase o Día Internacional das rapazas nas TIC, unha cita internacional orientada a motivar ás mozas para que teñan en conta o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. En Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) ten previsto un amplo programa de actividades para conmemorar o evento.

Máis información
Coloquio virtual con escolas e obradoiros para a mocidade

Pola mañá, está previsto un coloquio virtual dende centros educativos por multiconferencia con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.

As participantes nesta edición son: María José Durán, enxeñeira informática e fundadora da tenda online Potingues Verdes; Ana Cidre, unha Women Techmaker Lead de Google, organizadora da GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech; Susana Rey, enxeñeira en telecomunicacións e delegada de Protección de Datos do Grupo Euskaltel; e Cecilia Grela, enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desarrolladora de software en proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!) e formadora en TIC.

Pola tarde, haberá unha xornada de portas abertas con actividades e visitas ao centro para rapazas e rapaces de entre 10 a 14 anos. Haberá demostracións e talleres de robótica, impresión 3D, Realidade Aumentada e Virtual, Arte dixital…

Nesta iniciativa, ademais da Xunta de Galicia, colaboran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Grupo de mulleres interesadas en tecnoloxía de Galicia (GalsTech).

Novas

Ver Todas

05 de Abril de 2018

A terceira edición do coworking de Ferrolterra impulsará 22 novos proxectos empresariais que se suman aos máis de 40 apoiados ata agora

Os emprendedores que participan nesta edición da aceleradora instalada no CIS Galicia da Axencia Galega de Innovación (Gain) desenvolverán, entre outros, proxectos de impresión 3D, de servizos apoiados nas TIC ou de turismo
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.