I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación
Esta tarde ás 18 horas pechamos o prazo de inscrición no I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Este evento, impulsado pora Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración do Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e a Red Interamericana de Compras Gubernamentales (RICG), reunirá a máis de 20 expertos de 8 países que falarán e debaterán sobre experiencias en innovación aberta no ámbito público e o uso da CPI como ferramenta transformadora da política de innovación.
|