Ver a versión en liña

Axudas para o fomento da participación galega en H2020

Co obxectivo de mellorar a competitividade do Sistema Galego de Innovación a través da súa participación no programa europeo de I+D+i, H2020, a Axencia Galega de Innovación publicará proximamente a segunda convocatoria correspondente ao 2020, desta liña de axudas dotada con máis de 2,7 millóns de euros, en tres modalidades. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotamento do crédito. Atenderanse as solicitudes por orde de chegada.

Preparación de propostas de calidade ao programa H2020 Realización de estudios de viabilidade con selo de excelencia (Fase 1 do Instrumento PEME) Desenvolvemento de proxectos de I+D+i con selo de excelencia (Fase 2 do Instrumento PEME / EIC Accelerator Pilot)
PARA QUEN?
Pemes e organismos de investigación públicos ou privados Pemes Pemes
PARA QUE?
Propostas de calidade presentadas ao Programa Marco que obtiveran unha puntuación mínima superior ao 75% da nota máxima da convocatoria Realización do estudo de viabilidade presentado á Fase 1 do Instrumento PEME Desenvolvemento do proxecto presentado á Fase 2 de Instrumento Peme ou EIC Accelerator Pilot
COMO?
Apoio para a preparación da proposta Apoio para o estudo de viabilidade Apoio para o desenvolvemento do proxecto
CANTO?
80% sobre custos subvencionables 70% (máx. 50.000€) sobre custos subvencionables 35-50% (máx. 800.000€) sobre custos subvencionables
DURACIÓN?
Anual Anual ou plurianual Plurianual
Balance da edición anterior deste programa de axudas
En 2019 concedéronse 32 axudas por importe de 1,1 millóns de euros, dos que o 89% foron destinados a pemes e o 11% restante a organismos públicos e privados de investigación. En concreto, apoiáronse 29 solicitudes para a preparación de propostas de calidade ao programa H2020 e 3 para o financiamento de proxectos de empresas galegas que obtiveron o selo de excelencia no Instrumento Peme da Comisión Europea.
Esta liña de axudas está cofinanciada con fondos do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020​.
Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal