Nova convocatoria para financiar proxectos colaborativos de I+D+i no ámbito da dixitalización: Conecta Hubs
O obxectivo desta convocatoria é mellorar a resiliencia das pemes galegas e favorecer a súa competitividade nunha contorna internacional a través da dixitalización.
GAIN destinará 6,8M€ para o apoio a proxectos de I+D+i colaborativos que encaixen nas áreas estratéxicas dos dous Hubs galegos de innovación dixital, DIHGIGAL e DATAlife.
|