Os deseñadores/as céntranse na funcionalidade e na usabilidade. Por iso son expertos/as en observar os problemas da clientela e buscar solucións prácticas. Como vimos a semana pasada, os problemas son unha fonte de innovación de moito valor, así que convén fixarse en como os xestionan estes/as profesionais tan orientados/as a xerar valor para o/a usuario/a e novos ingresos para a empresa.
A metodoloxía de innovación denominada design thinking serve para entender as interaccións do/a usuario/a co produto ou servizo, mediante a empatía, a observación e a busca dunha solución mediante un enfoque diferente.
|

|