Ver a versión en liña

Airbus, Babcock e Telespazio, novos socios tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026

A Xunta de Galicia vén de asinar os contratos con Airbus, Babcock e Telespazio, tres grandes compañías líderes no sector aeroespacial que se suman á folla de ruta do Goberno galego para consolidar esta iniciativa estratéxica no segmento dos vehículos non tripulados. No marco desta alianza, desenvolveranse solucións pioneiras para mellorar os servizos públicos por valor de case 300 millóns de euros en 40 proxectos diferentes, nos que traballarán 400 profesionais de alta cualificación. No vídeo poderás saber máis sobre o Polo Aeroespacial de Galicia.

Ligazón ao vídeo!
Nace Sedexpo, un gran foro multisectorial
O Polo Aeroespacial de Galicia ten unha presenza destacada na primeira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencia (SEDEXPO), que se está a desenvolver no Recinto feiral de Silleda do 17 ao 19 de novembro.
O Polo colabora no evento e conta cun espazo expositivo propio onde teñen cabida os axentes do ecosistema aeroespacial galego. Ademáis, está prevista unha mesa ao redor da Civil UAVs Initiative coa participación de axentes do ecosistema, así como unha presentación das empresas seleccionadas na 4ª edición da Business Factory Aero.
Podes consultar o programa completo: https://www.sedexpo.com/
Río de Janeiro, capital mundial da CPI
A Xunta de Galicia comparte en Brasil a súa experiencia en Compra Pública de Innovación con expertos procedentes de 17 nacionalidades.
Neste marco, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou as solucións desenvolvidas mediante Compra Pública de Innovación no Polo Aeroespacial de Galicia. Cinco das solucións xa se están aplicando en eidos como a planificación hidrolóxica, do transporte público e de infraestruturas, o control de pragas forestais e a avaliación de franxas antiincendios ou o control da calidade das augas.
Podes consultar máis información sobre o IV Foro de CPI, neste enlace.

Novas

Ver todas

16 de Novembro de 2022

A Xunta presenta na edición inaugural de Sedexpo as tecnoloxías do futuro dos sistemas non tripulados

Ler máis

16 de Novembro de 2022

A Xunta de Galicia comparte en Brasil a súa experiencia en Compra Pública de Innovación con expertos procedentes de 17 nacionalidades

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Novembro
Encontro empresarial ATIGA: Recordos do futuro

25
Novembro
Xornada de dinamización: Oportunidades de financiamento en cascada

29
Novembro
Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

01
Decembro
Workshop: O final dun produto, a orixe dun material

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.