| As 7 tecnoloxías que hoxe marcan o ritmo | 
 
 
  | 
Tecnoloxías de tratamento e interpretación de grandes cantidades de datos que permitan o control en tempo real dos procesos produtivos para tomar mellores decisións, como o big data. | 
 
  | 
Tecnoloxías que permiten a servitización do negocio, transformando o modelo de negocio para centralo nunha relación coa clientela máis permanente, recurrente e en continua mellora, como a internet das cousas. | 
 
  | 
Tecnoloxías transformativas xeralistas, entre as que destaca a intelixencia artificial, capaz de conferirlle a unha máquina a capacidade para reproducir condutas humanas, como razonar, planear ou aprender. | 
 
  | 
Tecnoloxías cunha capacidade disruptiva radical dos negocios, como o blockchain, que permite verificar calquera tipo de transacción sen necesidade de intermediarios grazas á criptografía. | 
 
  | 
Tecnoloxías que aumentan de forma significativa a produtividade, como as solucións de xestión de información na nube (solucións cloud), que permiten simplificar e axilizar os procesos loxísticos. | 
 
  | 
Tecnoloxías capaces de optimizar sistemas, procesos e resultados, como a supercomputación, que permite testar produtos máis rápido e con menos custos mediante prototipos virtuais. | 
 
  | 
Tecnoloxías de aumento da eficiencia, en especial a enerxética, como as ferramentas de automatización intelixente. | 
 
                                         
                                     | 
                                 
                                                     
                        
             			                     | 
     			 
 			 
         |