Ver a versión en liña

Presentamos a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas

Onte presentouse esta alianza que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento dun ecosistema de coñecemento e industrial ao redor das tecnoloxías cuánticas, coordinando as diferentes actuacións, sumando esforzos e aunando capacidades de todas as partes para avanzar no liderado nesta materia. Esta iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, no que se están a realizar investimentos por importe superior aos 30M€ e no que xa se crearon máis de 40 empregos directos de alta cualificación.

Membros da Rede
Esta rede, que xurde da necesidade de integrar aos principais axentes do noso ecosistema e que está aberta á incorporación de novas entidades, foi creada por:
  • A Xunta de Galicia a través das Consellerías de Economía, Industria e Innovación; Sanidade e Amtega.
  • O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)
  • As tres universidades do SUG: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo
  • O Clúster TIC de Galicia
  • Os Hubs de Innovación Dixital DIHGIGAL e DATAlife
  • O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)
  • Fujitsu International Quantum Center
  • Centro de Tecnoloxías Fotónicas (Aephos)
Galicia e as tecnoloxías cuánticas
Galicia parte dunha posición de liderado neste eido tecnolóxico. Actualmente están en marcha as seguintes iniciativas:
  • Computador cuántico do Cesga: a nosa comunidade é a primeira que despregará unha infraestrutura de cómputo cuántico de gran capacidade.
  • Quantum Communication Center da Universidade de Vigo, centrado no ámbito da comunicación cuántica.
  • Plan Complementario de Comunicación Cuántica, no que Galicia participa xunto con outras 5 comunidades autónomas.
  • O International Quantum Center de Fujitsu está a dar os seus primeiros pasos, cunha clara aposta por desenvolver as súas capacidades para Europa dende Galicia.
  • 1ª edición do Máster interuniversitario de Cuántica, que se impartirá este ano nas universidades Galegas.
Queres saber máis sobre o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia? Podes facelo neste vídeo!

Queres sumarte a esta Rede? podes escribirnos a informa.gain@xunta.gal

Escríbenos!

Novas

Ver todas

02 de Setembro de 2023

A Xunta organiza un evento para profesionais sobre hardware de realidade virtual e aumentada o vindeiro 19 de setembro no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Setembro
Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (online)

13
Setembro
Bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas (PORTUGAL)

14
Setembro
Bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas (ESPAÑA)

15
Setembro
Misións da RIS3 Galicia 21-27: un novo modelo con potencial transformador

18
Setembro
Cursos on-line Horizonte Europa

19
Setembro
Evento presencial “Explorando os límites do Hardware RX

20
Setembro
Tecnoloxías Transformadoras para Innovar nos próximos anos

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.