Ver a versión en liña
 
 
 

Innovación dende a idea ata a fin de vida do produto

Para innovar é necesario ver máis alá. Non só ter os ollos e oídos ben abertos para detectar posibles melloras, senón considerar nichos de oportunidade que habitualmente non se teñen en conta.
Cando pensan en facer algo novo, é moi habitual que as empresas se centren só na fase de uso. Segue lendopara descubrir por que é tan importante abrir o foco ás outras etapas do ciclo de vida dos produtos e servizos.


Da fase conceptual á obsolescencia
O primeiro paso é considerar todas as fases polas que transita o produto ou servizo, prestándolles a mesma atención a todas elas para detectar oportunidades de innovación non identificadas:
Fase conceptual
Comprender a fondo as necesidades do mercado para desenvolver produtos e servizos máis adaptados a satisfacelas.
Fase produtiva
Optimizar os procesos produtivos para reducir custos e impacto medioambiental.
Fase comercial
Xerar novos modelos de negocio e estratexias de comercialización.
Fase de uso e mantemento
Desenvolver novos servizos de atención posvenda e propostas de valor complementarias ou modelos de uso alternativos.
Fase de obsolescencia
Reciclar bens e materiais e crear novos modelos de negocio baseados no que queda do produto ou servizo desbotado.
Unha vez realizada esta análise, selecciona as oportunidades de mellora que poidan supoñer un maior beneficio para a túa empresa, os teus clientes, o teu ecosistema de provedores e colaboradores e o medio ambiente.
Beneficios
Pensar en global cando buscamos innovar ten claros beneficios:

+ oportunidades de xerar valor

+ rendemento dos produtos e servizos

+ posibilidades de colaboración con outros axentes
Como se fai?
Explora como ampliar o foco da innovación na túa peme a través do caderno

Tempo de lectura: 6 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que son capaces de identificar e aproveitar oportunidades de innovación en todo o ciclo de vida dos seus produtos e servizos.

LAMINADOS VILLAPOL

REPORTAXE
AIRAS MONIZ

REPORTAXE

VÍDEO
GALLEGA DE PATATAS

REPORTAXE

VÍDEO
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

24 de Xaneiro de 2024

A Xunta destaca a aposta de Horticina por incrementar a súa capacidade innovadora

Ler máis

23 de Xaneiro de 2024

A Xunta destaca a aposta da empresa viguesa Selmark por redeseñar e incorporar novos procesos

Ler máis

22 de Xaneiro de 2024

A Xunta convoca axudas para que pemes e microempresas melloren a súa capacidade innovadora coa contratación de servizos profesionais externos

Ler máis

Eventos

Ver todos
31
Xaneiro
Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Ourense)

02
Febreiro
Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Vilagarcía de Arousa)

06
Febreiro
Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Ferrol)

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.