Buscar socios para innovar máis e mellor

Sumar forzas con outros para innovar pode ser a chave do éxito, sobre todo para as pemes. Coñecer o ecosistema de I+D e innovación para identificar cal é o socio ideal en cada proxecto é esencial á hora de sacar o máximo partido da innovación aberta ou colaborativa.


A cadea de valor da innovación

En función das capacidades e recursos internos da peme, ás veces é preciso traballar en equipo con outros axentes que nos complementen.

A elección do partner idóneo -un ou varios- debe adaptarse a cada iniciativa ou proxecto de innovación.

As universidades e centros de investigación dedícanse ás fases máis temperás do proceso innovador, polo que ten sentido buscar a súa colaboración cando se precisa coñecemento científico ou tecnoloxías incipientes.
No caso de precisar coñecemento e tecnoloxía máis madura e cercana ao mercado, podes recorrer a un centro tecnolóxico.
Os clústers e asociacións empresariais proporcionan dinámicas que promoven a colaboración entre empresas e outras entidades, así como a formación e o intercambio de coñecemento, necesidades ou boas prácticas, entre outros.
É frecuente que, para innovar, sexa preciso contar cos servizos ou produtos doutras empresas ou de profesionais especializados, capaces de achegar capacidades e recursos necesarios para o proxecto.
Explorar o ecosistema de emprendemento e startups é interesante para descubrir tecnoloxías disruptivas.
Ademais de empresas auxiliares do teu sector ou da cadea de valor, hai que estar abertos a cooperar con outras empresas para gañar músculo innovador.
Desactivar a resistencia

Abrir a innovación da empresa á colaboración de axentes externos pode xerar resistencia polos riscos de confidencialidade e a necesidade de entenderse ben cos novos socios. A maneira de vencela é tomar as medidas adecuadas:
Ante o temor a revelar información exclusiva ou a facelo sen obter unha recompensa xusta, convén protexer a documentación que se vai compartir e asinar acordos de confidencialidade, así como pactar formalmente os réditos que obterá cada socio do proxecto. As dificultades para entenderse con axentes de natureza distinta á da túa peme (por exemplo, un grupo de investigación universitario) poden vencerse traballando na comunicación e na confianza, xerando canles para poñer en común intereses e necesidades.
Como se fai?
Explora os tipos de axentes de innovación nos que a túa peme pode apoiarse no caderno

Tempo de lectura: 6 minutos

Completa o teu coñecemento sobre a innovación aberta a través do primeiro caderno da serie, no que descubrirás como implementala na túa peme:

Tempo de lectura: 6 minutos
Se queres coñecer aos axentes do ecosistema de coñecemento de Galicia, lembra que tes a disposición INNOVAREDE

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que aumentan a súa capacidade para innovar mediante a colaboración con outras empresas e entidades.

AGAFAC
Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos

REPORTAXE

VÍDEO
LINBIOTECH

REPORTAXE

VÍDEO
MENASA&ENOGALIA

REPORTAXE

VÍDEO
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

24 de Febreiro de 2024

A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

Ler máis

23 de Febreiro de 2024

A Xunta pon en valor o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento pola súa contribución á transformación do modelo económico galego

Ler máis

Eventos

Ver todos
05
Marzo
Webinar para consultas e resolución de dúbidas de InnovaPeme e DeseñaPeme

14
Marzo
Convocatorias Horizonte Europa do Clúster 5: Enerxía

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.