![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/universidades.png) |
As universidades e centros de investigación dedícanse ás fases máis temperás do proceso innovador, polo que ten sentido buscar a súa colaboración cando se precisa coñecemento científico ou tecnoloxías incipientes. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/centro_tecnoloxico.png) |
No caso de precisar coñecemento e tecnoloxía máis madura e cercana ao mercado, podes recorrer a un centro tecnolóxico. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/clusters.png) |
Os clústers e asociacións empresariais proporcionan dinámicas que promoven a colaboración entre empresas e outras entidades, así como a formación e o intercambio de coñecemento, necesidades ou boas prácticas, entre outros. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/provedores.png) |
É frecuente que, para innovar, sexa preciso contar cos servizos ou produtos doutras empresas ou de profesionais especializados, capaces de achegar capacidades e recursos necesarios para o proxecto. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/emprendemento.png) |
Explorar o ecosistema de emprendemento e startups é interesante para descubrir tecnoloxías disruptivas. |
![](http://galiciainnovacion.es/gaininfo/wp-content/uploads/2024/02/empresas.png) |
Ademais de empresas auxiliares do teu sector ou da cadea de valor, hai que estar abertos a cooperar con outras empresas para gañar músculo innovador. |