Ver a versión en liña
 
 
 

A aventura de innovar en solitario

Cando pensamos nun proxecto de innovación, o habitual é imaxinar a un equipo de profesionais traballando xuntos dende diferentes perspectivas. Sen embargo, nas pequenas e medianas empresas é moi habitual que os procesos innovadores recaian nunha única persoa que, ademais, asume outras tarefas e responsabilidades.


Hoxe descubrimos que innovar en solitario é posible, pero precisa de pautas específicas para ter éxito.
Na década de 1950, o empresario reposteiro catalán Enric Benat observou que as lambetadas máis populares eran os caramelos, que as persoas que máis os consumían tiñan menos de 16 anos e que o seu costume de tocalos facía que sempre manchasen as mans. Detectada a necesidade, pensou a solución: colocarlle un pau ao caramelo. Hoxe en día, Chupa Chups é un éxito internacional que iniciou un só reposteiro a partires da observación do consumidor e cunha solución, a primeira vista, simple.
Disciplina e creatividade
Cando a estratexia de innovación depende só de ti, é importante seguir cinco recomendacións que che axudarán a avanzar, ser máis produtivo/a e ver os obstáculos dende outra perspectiva:
Planifica
En caso de combinar varias responsabilidades dentro da empresa, reserva tempo para as tarefas de innovación e respecta esa dedicación.
Dosifica
Descompón o proceso de innovación en tarefas asumibles para unha soa persona e dálles continuidade para non estancarte.
Experimenta
Xoga co concepto que está detrás do teu produto ou servizo para abrir novas posibilidades, como extrapolalo a outros públicos obxectivos e sectores ou valorar un maior grao de especialización.
Supérate
Considera as carencias (por exemplo, de recursos ou de tecnoloxía) como aspectos diferenciais da túa proposta e encaixa as dificultades que atopes como oportunidades para deseñar formas alternativas de facer as cousas.
Relaciónate
Cando che pareza que necesitas unha segunda opinión ou a axuda dun terceiro, sae a buscala. Aproveita os recursos que están á túa disposición: eventos networking, apoios públicos...
Como se fai?
Descubre como afrontar a innovación sen un equipo a través do caderno

Tempo de lectura: 7 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que naceron dunha iniciativa innovadora de carácter individual.

RIR&CO

REPORTAXE

VÍDEO
AMV SOLUTIONS

REPORTAXE

VÍDEO
ALDEA DO MAZO

REPORTAXE

VÍDEO
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

19 de Abril de 2024

A Business Factory Aero da Xunta é recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no ranking Funcas 2024

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.