Ver versión en liña
 

Os prezos tamén son un nicho de innovación ao que debemos prestar atención

O prezo é un deses factores que non saltan a primeira vista cando pensamos en parcelas nas que podemos innovar. Con todo, trátase dunha dimensión na que cada vez máis empresas atopan un nicho para aumentar o valor dos seus produtos e servizos. Hoxe descubrimos cales son os aspectos e as tendencias que representan oportunidades de innovación na fixación de prezos.


Punto de partida
Hai que partir da base de que:
  • Mellorar os prezos non significa necesariamente reducilos.
  • Á marxe das contías, existen outros aspectos relativos aos prezos nos que se pode intervir para innovar.
Detectar oportunidades de innovación na política de prezos implica analizar as decisións que se toman internamente e prestar moita atención ás tendencias do mercado no que se refire á fixación e xestión dos importes de produtos e servizos.
Decisións internas
Fixación de prezos
Hai que atender non só aos custos de produción, senón tamén aos prezos da competencia e o valor percibido pola clientela.
Comunicación de prezos
Os formatos de comunicación e a maneira de explicar os prezos son tamén ámbitos susceptibles de mellora.
Procesos de cobro
Convén revisar aspectos como os medios de pago que se poñen a disposición da clientela ou as posibles fórmulas de financiamento e aprazamento.
Como se fai?
portada_caderno_23 Aprende a identificar oportunidades no caderno

Tempo de lectura: 7 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que conseguen ser máis competitivas innovando na fixación e comunicación de prezos:

SERVICIOS REUNIDOS

REPORTAXE
KRACK

REPORTAXE

VÍDEO
JIM SPORTS

REPORTAXE
Coñece o noso Programa de Impulso á Innovación nas Pemes
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

09 de Outubro de 2024

Román Rodríguez compromete ante profesionais de 13 países todo o apoio da Xunta para reforzar o liderado de Galicia nas tecnoloxías cuánticas

Ler máis

07 de Outubro de 2024

Unha mostra da Xunta e da Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.