Estatísticas sobre gasto en I+D e innovación empresarial do INE
| O Instituto Nacional de Estatística está a enviar os cuestionarios para a recollida de información sobre investimento en I+D+i do ano 2025. A información achegada polas empresas é fundamental para visibilizar o esforzo innovador que xa se está a realizar en Galicia e para reflectir con precisión a dimensión real do ecosistema. Estes datos empréganse ademais como referencia en indicadores e clasificacións europeas e internacionais, polo que unha cobertura incompleta pode facer que parte desta actividade quede invisible e limitar futuras oportunidades de apoio e financiamento. |
|