Galicia acollerá o I Congreso Nacional de Innovación Local
| No marco da aposta da Xunta de Galicia pola innovación local como un ámbito de oportunidade para impulsar a I+D+i no noso territorio, estamos a organizar o I Congreso Nacional de Innovación Local, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de decembro. Dentro deste evento, convocamos tamén o Premio á Innovación Local, para recoñecer iniciativas innovadoras levadas a cabo por entidades locais de toda España. Por último, a finais de setembro celebraremos nas catro provincias galegas as primeiras sesións de traballo para a elaboración do Plan Local de I+D+i.
|
|