Aprobada a convocatoria VInnovate Galicia 2026 cun investimento de 1 M€
| Reforzamos o apoio ao desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación internacionais. A terceira convocatoria VInnovate Galicia, para a que a Xunta destina 1 M€ cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, inclúe varias novidades. Os proxectos deberán contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxías incluídas na Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP). O prazo para a remisión de propostas á Axencia Galega de Innovación esténdese do 18 de setembro ao 19 de outubro. Galicia é, xunto co País Vasco, a única comunidade autónoma de España que participa nesta iniciativa de proxectos colaborativos de investigación e innovación conformados por entidades de sete países.
|
Máis información
|