Ver versión en liña

A Xunta apoia cinco proxectos de emprendemento tecnolóxico en Galicia

A convocatoria de Recuperación da Excelencia Neotec 2026 da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia acaba de conceder máis de 1,5M€, cofinanciados con fondos europeos Feder, a cinco proxectos empresariais innovadores. Esta liña de apoio está dirixida a iniciativas que contan con selo Neotec pero que quedaron inicialmente sen financiamento por falta de crédito orzamentario. Os proxectos abranguen ámbitos como a tecnoloxía espacial, o investimento ético e sostible, a biotecnoloxía aplicada á medicina personalizada e a biomecánica. A intelixencia artificial, os novos materiais e os modelos de simulación avanzada son algúns dos elementos comúns a estas propostas, orientadas ao desenvolvemento de solucións disruptivas con potencial de mercado. Descúbreas!

Máis información
Coñece as iniciativas galegas
SLIMOP SPACE
Aeroespacial
Fabricar telescopios espaciais innovadores, máis lixeiros, económicos e rápidos de producir, mediante novos materiais avanzados que sirvan para misións de observación da Terra.
SEDNA INTERNATIONAL INSTITUTE
IA - Fintech
Impulsar unha plataforma financeira ética e sostible que, mediante o uso de algoritmos adestrados, mobilice o pequeno e mediano aforro para xerar un impacto social e ambiental positivo no mundo.
SORTCELL ANALYTICA
Biotecnoloxía
Desenvolver unha tecnoloxía baseada na biopsia líquida capaz de illar as células tumorais circulantes co obxectivo de avanzar no diagnóstico e tratamento personalizado de pacientes con calquera tipo de tumor sólido.
NSILICA SIMULATION TECHNOLOGIES
Biotecnoloxía
Xerar unha solución con IA e sensores miniaturizados que simule e prediga o comportamento de próteses, implantes e materiais cirúrxicos, facilitando a avaliación e optimización do seu deseño.
CORPUS COMPUTACIONAL BIOMECHANICS
Biotecnoloxía
Crear xemelgos dixitais anatómicos da columna vertebral do paciente a partir dun TAC, permitindo simular intervencións cirúrxicas, predecir respostas biomecánicas do paciente e mellorar a planificación e seguridade dos tratamentos.
Queremos estar máis preto de ti e manterte ao día de todo o que acontece no noso ecosistema: novidades, oportunidades e avances da innovación en Galicia. Por iso, estamos preparando unha renovación deste boletín informativo, cun novo formato e máis contidos! Para seguir recibíndoo, precisamos que confirmes a túa subscrición aquí.

Confirma a túa subscrición

Novas

Ver todas

09 de Novembro de 2026

A Xunta apela á cooperación entre rexións para afrontar os desafíos da IA e das tecnoloxías cuánticas

Ler máis

06 de Novembro de 2026

A Xunta anima aos axentes do sistema galego de innovación a concorrer ás convocatorias europeas de I+D+i de industria e dixital

Ler máis

Eventos

Ver todos
03
Decembro
I Congreso Nacional de Innovación Local

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a subscrición.