Ver a versión en liña
 
 

10 anos informando dende a Axencia Galega de Innovación


Hai dez anos que comezamos a enviar o noso boletín informativo Xoves I+D+i, concretamente o 28 de novembro de 2013. Dende entón, levamos enviados 420 boletíns que reciben máis de 11.000 subscritores. Queremos aproveitar a ocasión para celebralo contigo, compartir algúns datos e pedir a túa opinión sobre os temas que máis che interesan. 


O boletín semanal Xoves I+D+i é a principal canle de información da Axencia Galega de Innovación, a través da que compartimos as nosas novidades e actividades. Cada boletín consta dun tema central, novas e eventos que organiza a Axencia.
Cando comenzamos a enviar o boletín éramos uns 4.000, pero agora pasamos dos 11.000!. Queres coñecer máis datos?
Número de boletíns enviados:
Levamos enviados 420 Xoves I+D+i dende o 28 de novembro do 2013. Podes consultalos todos no seguinte enlace.

Tipoloxía de usuarios:

Reciben o noso boletín unha ampla variedade de axentes do ecosistema galego de I+D+i. É un servizo gratuíto e pódeste inscribir enviando un correo a informa.gain@xunta.gal.
Cales foron os boletíns máis lidos nos últimos catro anos?:
2023: Presentación da RIS3 e do Programa FEDER
2022: Entrega dos III Premios de Innovación e Deseño de Galicia
2021: Camiño da innovación:espazo de inspiración e moito máis
2020: Encontro do ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”: Deseño, ciencia e tecnoloxía
Outros boletíns informativos
Lembra que, ademáis do Xoves I+D+i, contamos con máis boletíns informativos:

- Boletín da Enterprise Europe Network (EEN): centrado en temática europea (convocatorias, busca de socios para proxectos europeos, eventos, etc.)
- Gain Informa: se temos algo importante do que avisarte e non podemos esperar ao Xoves, terás un Gain Informa na túa caixa de entrada do correo electrónico!
- Boletín sobre outras convocatorias estatais relacionadas coa innovación: como sabemos que hai máis convocatorias relacionadas coa I+D+i que te interesan, enviamos este boletín con información das axudas dispoñibles doutros organismos estatais.

Axúdasnos a mellorar? Cubre esta enquisa para saber o que máis che gusta do noso boletín!

Enquisa
Coñeces a alguén que queira recibir as comunicacións da Axencia Galega de Innovación? Pode inscribirse enviando un correo a informa.gain@xunta.gal!

Novas

Ver todas

27 de Novembro de 2023

A Xunta participa no proxecto europeo Aeroganp para impulsar a colaboración Galicia-Norte de Portugal no ámbito aeroespacial

Ler máis

26 de Novembro de 2023

A Xunta difunde o potencial dos materiais innovadores para dar resposta aos retos de futuro da sanidade

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Decembro
Xornada de presentación das convocatorias de Horizonte Europa en materia de Dixitalización de productos, procesos e servizos

13
Decembro
Presentación do Catálogo de Recursos Naturais de Galicia

14
Decembro
Presentación da plataforma INNOVAREDE. Rede do Ecosistema Galego de Innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.